Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Luns, 30 de decembro de 2002 Páx. 18.003

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BETANZOS

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión do 30 de outubro de 2002, acordou aprobar inicialmente o expediente de estudio de detalle para reaxuste de aliñacións e ordenación de volumes de unidade edificatoria na rúa Dr. Fléming-Cruz Verde, tramitado por Carmen Crespo Pereiro, o que se fai público por espacio dun mes, desde o día seguinte ó desta publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto no

artigo 44.3º da Lei 7/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, para os efectos das posibles alegacións que se estimen procedentes. O expediente queda de manifesto, durante o prazo subliñado, no Servicio de Urbanismo deste concello.

Betanzos, 22 de novembro de 2002.

Manuel Lagares Pérez

Alcalde