Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Luns, 30 de decembro de 2002 Páx. 18.002

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 28 de novembro de 2002, da Área Provincial da Coruña, pola que se lle notifica ó interesado, o acordo de incoación do expediente administrativo de desafiuzamento 21/2002 por ocupación sen título.

Por medio desta cédula, e en cumprimento do disposto no artigo 142 do Regulamento de VPO aprobado

polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselles ós interesados, cos datos e último domicilio coñecido sinalados no anexo, o acordo de incoación do correspondente expediente administrativo de desafiuzamento que, co número que se indica, se iniciou neste organismo por ocupación sen título legal para iso, causa prevista nos artigos 30.2º do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da lexislación de VPO, e 138.2º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.

Concédese un prazo de 15 días hábiles desde o seguinte ó da publicación desta cédula para a contestación ó acordo perante o Servicio Provincial do IGVS da Coruña, alegando por escrito o que consideren conveniente e, se é o caso, propoñendo as probas que crean oportunas para o seu descargo. Transcorrido o dito prazo elevaranse as actuacións o órgano competente para a súa resolución.

Para que conste e lles sirva de notificación ós interesados en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 28 de novembro de 2002.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

-Nº expediente de desafiuzamento: 21/2002.

Expedientada: Josefina Mateo Tato e herdeiros de Manuel Barco Vilares.

Último domicilio coñecido: Pintor Carlos Maside, nº 26-4º D, Polígono de Vite (Santiago de Compostela).

(Expte. C-3-IV/75, conta 104).