1. Entidade adxudicadora.
1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.
1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.
2. Obxecto do contrato.
2.1. Descrición do obxecto: dirección facultativa das obras da planta de tratamento de residuos voluminosos de Cerceda (A Coruña).
2.2. Prazo de execución: catorce meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
3.1. Tramitación: ordinaria.
3.2. Procedemento: aberto.
3.3. Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación:
Importe total: douscentos trinta e catro mil corenta e nove euros con noventa e oito céntimos (234.049,98 A).
5. Fianza provisional:
2% do orzamento de licitación: 4.681 A.
6. Fianza definitiva:
4% do orzamento de adxudicación.
7. Documentación e información.
7.1. Documentación:
Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación, estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, na Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria e Contratación, sita na rúa San Lázaro s/n, en Santiago de Compostela, e na páxina da Internet: www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2150
Para os efectos de información, as empresas que retiren os pregos da páxina web, e estean interesados en concursar a esta licitación, deberán enviar, ó
seguinte enderezo de correo electrónico: rosa.blanco.tubio*xunta.es, os datos que a continuación se relacionan:
-No epígrafe asunto: obxecto do prego.
-Nome da empresa.
-Nº de teléfono.
7.2. Información.
Teléfono: 981 54 17 49.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
8.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do décimo quinto día natural a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.
8.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.
8.3. Lugar de presentación:
a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.
b) Enderezo: San Lázaro, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
9. Apertura da documentación xeral (sobres A):
Realizarase no lugar antes indicado, ás 13 horas do oitavo día natural contado desde o seguinte ó do termo de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.
10. Apertura das ofertas:
Ás 12 horas do sexto día natural contado desde o seguinte ó da apertura da documentación xeral, no lugar sinalado no punto 8.3, se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.
11. Gastos do anuncio: pola conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2002.
P.D. (Orde 20-12-2001)
José Luis Aboal García-Tuñón
Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente