Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Luns, 30 de decembro de 2002 Páx. 18.003

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

ANUNCIO.

No BOP número 271, do 26 de novembro de 2002, aparecen publicadas as bases xerais reguladoras das convocatorias para a provisión de prazas da oferta de emprego público de 2002, así como as bases específicas da:

Convocatoria para a provisión, en propiedade, quenda libre, de 10 prazas de bombeiros do Servicio de Extincios de Incedios.

Convocatoria para a provisión, en propiedade, promoción interna, de 3 prazas de cabo a Policía Local.

A presentación de solicitudes para participar nestas convocatorias farase no rexistro xeral do concello, durante o prazo de 20 días naturais que comezarán a contar a partir do seguinte ó da publicación do extracto do anuncio destas convocatorias no BOE.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 18 de decembro de 2002.

Xaime Bello Costa

Alcalde