Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Luns, 30 de decembro de 2002 Páx. 17.997

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica o inicio do expediente sancionador Secretaría 315/2002.

De conformidade co disposto no art. 59.5º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona o acordo de inicio do expediente sancionador instruído pola Delegación Provincial de Sanidade da Coruña, por incumprimento da Lei 14/1986, xeral de sanidade, do 25 abril, e o R.D. 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

A partir do día seguinte ó da publicación deste acordo, en virtude do disposto no art. 16.1º do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, dispón do prazo de 15 días para presentar alegacións e, no

caso de non presentalas segundo o art. 13.2º do dito Regulamento 1398/1993, o inicio poderá considerarse proposta de resolución.

Expediente sancionador: Secretaría 315/2002.

Denunciado: Pablo Gómez de Souza (Caracoles Norte-Sur, S.L.).

DNI/CIF: B-82098641.

Último enderezo coñecido: Peirao da Palloza, H-11. A Coruña.

Cualificación da infracción: leve.

Importe da sanción: seiscentos un euros cun céntimo.

A Coruña, 18 de novembro de 2002.

Mª Blanca García Varela

Delegada provincial da Coruña