Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Luns, 30 de decembro de 2002 Páx. 17.997

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2002, da Dirección Xeral de Infraestructuras Agrarias, pola que se notifica o emprazamento referente á zona de concentración parcelaria de Sabugueira-Carballal (Santiago de Compostela, A Coruña), devolto polo servicio de correos.

Por esta resolución e en cumprimento do establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro e, por ser devolto polo servicio de correos, notifícaselle ó administrado que ten os datos persoais e último domicilio coñecido que figuran no anexo, o emprazamento co fin de que poida comparecer e persoarse en autos, se así o estima oportuno, no procedemento que se segue referente ó recurso número 03/0008718/2002, interposto por Gloria Mallo Mallo contra a Resolución do 22 de xullo

de 2002 desestimatoria de recurso de alzada presentado contra o acordo de concentración parcelaria de Sabugueira-Carballal (Santiago de Compostela, A Coruña).

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2002.

Alejandro Martínez-Geijo Nogueira-Soares

Director xeral de Infraestructuras Agrarias

ANEXO

Destinatario: José María Leborán Mosquera.

Domicilio: Sabugueira-Santiago de Compostela, 15820 (A Coruña).

Texto: «Con data do 22 de outubro de 2002 entrou no rexistro desta consellería, oficio do presidente da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sección terceira, solicitando o expediente correspondente ó recurso número 03/0008718/2002 interposto por Gloria Mallo Mallo contra a Resolución do 22 de xullo de 2002 que desestima o recurso de alzada presentado contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Sabugueira-Carballal (Santiago de Compostela, A Coruña).

O que se lle notifica, toda vez que pode vostede resultar interesado neste e co obxecto de poder comparecer e persoarse en autos, se así o estimase oportuno, mediante procurador con asistencia de letrado ou avogado con poder para o efecto ante a sala requirinte no prazo de nove días, contados a partir do seguinte ó da recepción desta resolución, de conformidade co establecido no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa».