Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Luns, 30 de decembro de 2002 Páx. 17.998

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2002, da Dirección Xeral de Estructuras e Mercados da Pesca, pola que se anuncia a contratación de servicios.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Estructuras e Mercados da Pesca.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: servicios.

Descrición do obxecto: servicios para o deseño, a montaxe e a organizacion dos postos institucionais da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia en diversos certames feirais que terán lugar durante o ano 2003: Mediterrarea Seafood (Rimini, Italia, 22 ó 26 de febreiro), Sial (Montreal, Canada, 2 ó 4 de abril) e Alimentaria (Lisboa, Portugal, 6 ó 10 de abril).

División por lotes e número:

Prazo de execución: na súa totalidade estenderase desde o día seguinte ó da sinatura do contrato e ata os dous (2) días seguintes ó do remate do último certame.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: douscentos dez mil euros (210.000 A).

5. Garantías.

Provisional: esixirase unha garantía provisional equivalente ó 2% do orzamento de contratación.

6. Obtención da documentación e información.

Na Dirección Xeral de Estructuras e Mercados da Pesca (Rúa do Sar, 75, 15702-Santiago de Compostela; teléf. 981 54 62 93), ou nas delegacións territoriais da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos. Así mesmo, os pregos relativos a esta contratación poderán obterse no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación esixida para presentar proposición: grupo L, subgrupos 5 ou grupo U, subgrupo 7, categoría D.

8. Presentación das ofertas.

Data límite de presentación: as catorce (14) horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.

Documentación que hai que presentar: a establecida no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos (Edificios Administrativos de San Caetano, s/n, 15781-Santiago de Compostela), ou por correo nas formas previstas no art. 100 do RXCE.

Admisión de variantes: si, sempre que respondan a requisitos e modalidades da súa presentación sinalados nos correspondentes pregos.

9. Apertura de ofertas e exposición de proposicións.

Na sede da Dirección Xeral de Estructuras e Mercados da Pesca da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, ás 10 horas do décimo sétimo día contado a partir do seguinte ó da publiciación deste anuncio.

10. Gastos do anuncio.

Serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2002.

Andrés Hermida Trastoy

Director xeral de Estructuras e Mercados da Pesca

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,

MULLER E XUVENTUDE