Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Luns, 30 de decembro de 2002 Páx. 17.994

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/170-2, 5924 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: R.B.T. Souteiro Lousado e Ascariz.

Situación: Friol.

Características técnicas: L.B.T. aérea con 2,643 km de lonxitude con orixe no C.T. de Souteliño e conductor tipo R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 19 de novembro de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo