Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: R.B.T. Vigo de Galegos Leirado e Vilela de Abaixo.
Situación: Láncara.
Características técnicas: L.B.T.A. con 1,02 km de lonxitude con orixe no C.T. de Vigo de Galegos e conductor tipo R.Z. L.B.T.A. con 1,095 km de lonxitude con orixe no C.T. de Vilela e conductor tipo R.Z.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Lugo, 19 de novembro de 2002.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo