Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de
execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Electra Alta Miño, S.A.
Domicilio social: Marqués de Valladares 23-2º, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. e C.T. edificio Parque-r/ Rafael Tilve-r/ A Coruña.
Situación: concello de Salceda de Caselas.
Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 15/20 kV, de 10 m de lonxitude, con conductor R.H.V., desde a L.M.T. Salceda-Grupo-Salceda vila ata o C.T. que se proxecta no edificio Parque, entre as rúas Rafael Tilve e A Coruña, no concello de Salceda de Caselas, con dous trafos de 630 kVA cada un, R.T. 15/20 kV-230/420 V.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, será de doce meses, a partir da recepción desta resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.
Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
Pontevedra, 8 de novembro de 2002.
P.A.
Mª del Carmen Girón Daviña
Secretaria provincial de Pontevedra