Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Luns, 30 de decembro de 2002 Páx. 17.994

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/171-2, 5956 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no título VII do Real decreto

1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. en Pista Canal.

Situación: Monforte de Lemos.

Características técnicas: L.M.T.S. a 20 kV con lonxitude de 0,62 km con orixe no C.T. existente sobre pórtico 2*(13/630) conductor tipo R.H.V. e final no C.T. de Pista Canal. C.T. prefabricado con 250 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V. R.B.T.A. con lonxitude de 0,60 km con orixe no apoio nº 1 da R.B.T. de Pista Canal conductor tipo R.Z. R.B.T.S con lonxitude de 2 m con orixe no C.T. Pista Canal e conductor tipo R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 19 de novembro de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo