Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Venres, 27 de decembro de 2002 Páx. 17.843

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE FERROL

EDICTO (232/2002).

Eu, María Fernanda Ulloa Rodríguez, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número seis de Ferrol, fago saber que no proceso de execución seguido no dito xulgado con nº 232/2002 por instancia de Agip España, S.A. contra Lubricantes Gallegos Reunidos, S.L. sobre préstamo hipotecario, acordouse sacar a poxa pública por un prezo de vinte días, os bens que co seu prezo de taxación se enumeran a seguir:

Bens que se sacan a poxa a e súa valoración:

Urbana: número un, planta baixa. Baixo destinado a almacén, na casa número 102 B) hoxe 370. Sen dividir, da superficie de sesenta e cinco metros cadrados. Estrema: a fronte, estrada do Val a Cedei

ra; costas, patio anexo a este predio, dereita entrando, corredor de acceso ó patio, e esquerda, portal e oco da escaleira e outra propiedade de Manuel Aneiros. O predio descrito ten unha cota de participación de cincuenta centésimas e ten dereito de luces e vistas sobre o patio do piso. O predio atópase no termo municipal de Ferrol, predio número 38.871, inscrición 3ª; a inscrición 4ª é a correspondente á hipoteca que se executa.

Fixouse como tipo para poxa a suma de 17.000.000 pesetas, equivalente hoxe a 102.172,05 euros.

A poxa terá lugar na sede deste xulgado r/ A Coruña, 55 (Ferrol), o día vintetrés de xaneiro de 2003 ás dez horas.

Condicións da poxa:

1. Os licitadores deberán cumpri-los seguintes requisitos:

1º Idenfiticarse de forma suficiente.

2º Declarar que coñecen as condicións xerais e particulares da poxa.

3º Presentar xustificante de que depositaron, na conta de depósitos e consignacións deste xulgado no BBVA nº 1561, ou de que presentaran aval bancario polo 30 por 100 do valor de taxación dos bens. Cando o licitador realice o depósito con cantidades recibidas en todo ou en parte dun terceiro, farase constar así no xustificante para os efectos do disposto no punto 2 do artigo 6652 da Lei 1/2000, de axuizamento civil.

2. Só o executante poderá facer licitación reservando para si a facultade de lle ceder o remate a un terceiro.

3. Desde o anuncio da poxa ata a súa realización poderanse facer licitacións por escrito en sobre pechado e coas condicións expresadas anteriormente.

4. Cando a mellor oferta sexa igual ou superior ó 70 por 100 da taxación aprobarase o remate a favor do mellor postor. Se fose inferior observarase o previsto no artigo 670 da Lacn.

5. A certificación rexistral está de manifesto na Secretaría deste xulgado.

6. As cargas ou gravames anteriores, se os houber, ó crédito do licitador, continuarán subsistentes, e que polo só feito de participar na poxa o licitador os admite e acepta quedar subrogado na responsabilidade derivada de aqueles, se o remate se lle adxudicase ó seu favor.

7. Este edicto valerá como notificación e citación á entidade executada, no caso de non ser achada no domicilio estipulado na escritura.

Se por forza maior, causas alleas ó xulgado ou por erro se sinalase un domingo ou día de festa e non puidese ter lugar a poxa no día e hora sinalados, entenderase que terá lugar o seguinte día.

Ferrol, vintenove de outubro de dous mil dous.

A secretaria xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA