Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Venres, 27 de decembro de 2002 Páx. 17.843

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE CAMBADOS

EDICTO (221/1999).

En Cambados o vintecatro de outubro de dous mil dous.

En autos de xuízo declarativo de menor contía 221/1999, dictouse a sentencia co encabezamento e sentencia que seguen:

Sentencia: en Cambados o tres de maio de dous mil dous.

Vistos por Jacinto José Pérez Benítez, maxistrado-xuíz en comisión de servicio no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Cambados, estes autos de xuízo de menor contía, promovidos pola procuradora dos tribunais, Santos García, actuando en nome e representación de Antonio Rey Galiñanes, coa asistencia da letrada Gómez Andrés, contra Fernando Rey García, representado polo procurador Santos Conde, asistido da letrada Chaves; Rita Rey García, representada pola procuradora Verala e Antonio Rey García ou os seus ignorados herdeiros, en situación de rebeldía.

(Seguen feitos e fundamentos de dereito).

Resolvo que desestimo na súa integridade a demanda presentada pola representación procesual de Antonio Rey Galiñanes, sen especial pronunciamento en materia de custas.

Así, por esta miña sentencia, da que se porá testemuño nos autos principais, con inclusión do orixinal no libro correspondente, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Contra esta resolución, que non é firme, poderase interpoñer recurso de apelación no prazo de cinco días, presentado escrito de preparación ante este xulgado.

E para que lle sirva de notificación ó demandado en paradoiro descoñecido, Antonio Rey García, expido este edicto en Cambados o vintecatro de outubro de dous mil dous.

A secretaria

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS

DE FERROL