Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Venres, 27 de decembro de 2002 Páx. 17.840

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2002 pola que se resolve provisionalmente o concurso de traslados específico entre funcionarios docentes do corpo de profesores de ensino secundario, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, para cubriren prazas na Escola de Restauración e Bens Culturais de Pontevedra.

Por Orde do 10 de outubro de 2002 convocouse concurso de traslados específico entre funcionarios docentes do corpo de profesores de ensino secundario, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, para cubriren prazas na Escola de Restauración e Bens Culturais de Pontevedra.

Procede agora facer pública a adxudicación provisional de destinos obtidos neste concurso de traslados. Na súa virtude, esta dirección xeral

DISPÓN:

Primeiro.-En virtude desta resolución provisional de concurso de traslados, adxudicarlles destino provisional na Escola de Restauración e Bens Culturais de Pontevedra ós profesores que figuran no anexo desta resolución.

Segundo.-Contra esta resolución provisional cabe reclamación e renuncias no prazo comprendido entre o 2 e o 13 de xaneiro do 2003, ámbolos dous incluídos. Sen embargo, serán admitidas as reclamacións e renuncias presentadas con anterioridade.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2002.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Persoal

Adxudicación provisional de prazas

da escola de restauración

Apelidos e nomeDNIPraza adxudicadaPuntos

Lorenzo Sueiro, Adelaida33212645Bioloxía/física177,5

Sobral Iglesias, Antonio35275275Historia da arte171,29

Quinteiro Alonso, José Antonio33266655Procedementos artísticos138,7

Hermo Sánchez, Carmen35316694Procedementos artísticos127,65

Villarquide Jevenois, Ana32759735Restauración de obras

escultóricas

134,25

Fernández Caamaño, Rosa Mª33212573Restauración e técnicas

pictóricas

125,5