Por Orde do 20 de outubro de 2002 anunciouse o procedemento para cambio de destinos e reingresos a resultas del por profesores especiais de institutos técnicos de ensinanzas medias para extinguir.
Procede agora facer pública a adxudicación provisional de destinos obtidos neste procedemento. Na súa virtude esta dirección xeral,
DISPÓN:
Primeiro.-En virtude desta resolución provisional de procedemento para cambio de destinos e reingresos a resultas dos profesores especiais de institutos técnicos de ensinanzas medias para extinguir, adxudicarlles destino provisional ós profesores que figuran no anexo desta resolución, nos centros que alí se especifican.
Segundo.-Contra esta resolución provisional cabe reclamación e renuncias no prazo comprendido entre o 2 e o 13 de xaneiro de 2003, ámbolos dous incluídos. Sen embargo, serán admitidas as reclamacións e renuncias presentadas con anterioridade.
Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2002.
Severino Somoza Gómez
Director xeral de Persoal
ANEXO I
Adxudicación provisional
Apelidos e nome: Guiomar de Salvador González, Mª Rita.
DNI: 3444585234.
Praza adxudicada: Ies O Couto (Ourense)
Puntos: 8,8.
D.pref.: non.