Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Venres, 27 de decembro de 2002 Páx. 17.839

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 16 de decembro de 2002 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación dun posto de traballo vacante na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria pola Orde do 9 de setembro de 2002 (DOG nº 186, do 26 de setembro).

Esta consellería, no uso das facultades e atribucións conferidas polos artigos 15.4º e 27.2º da Lei da función pública de Galicia, e os artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación dun posto de traballo vacante na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, anunciada pola Orde do 9 de setembro de 2002

Segundo.-Adxudicarlle destino no posto de traballo que se indica ó funcionario que se relaciona no anexo desta orde.

Terceiro.-O cesamento no actual destino do funcionario que obtivo a praza producirase no prazo de tres días contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión da praza adxudicada deberá realizarse no prazo dos tres días seguintes ó do cesamento, se se trata da mesma localidade na que presta os seus servicios o funcionario, ou no prazo dun mes se se trata de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto.-A xefatura de persoal do centro onde cause alta o funcionario, realizará, dentro dos prazos sinalados nos puntos anteriores, a dilixencia de toma de posesión e seguidamente levaranse a cabo os trámites necesarios para a entrada en nómina.

Das dilixencias efectuadas darase traslado, mediante fotocopia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer potestativamente recurso de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data,

segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Denominación e código do posto: Secretario/a do director/a xeral. ED.C07.00.000.15770.001

Dependencia: Dirección Xeral de Política Lingüística.

Localidade: Santiago de Compostela.

Grupo: D.

Nivel: 18.

Corpo ou escala: corpo xeral auxiliar.

Apelidos e nome: Añel Iglesias, Montserrat.

Nº de rexistro persoal: 34.961.167.35.A2059.