Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Venres, 27 de decembro de 2002 Páx. 17.840

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2002 pola que se aproba a lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para o ingreso na escala auxiliar desta universidade, convocadas por Resolución do 10 de xuño de 2002 (Diario Oficial de Galicia do 2 de xullo).

Rematado o prazo de reclamacións contra a lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para o ingreso na escala auxiliar

desta universidade, convocadas por Resolución do 10 de xuño de 2002 (DOG do 2 de xullo), este rectorado, en aplicación do previsto na base 4.1º da convocatoria, resolve aproba-la lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos que se fará pública no taboleiro de anuncios do Rectorado (rúa Mestranza, s/n) e no vicerrectorado do Campus de Ferrol (Dr. Vázquez Cabrera, s/n).

De acordo co previsto na base 7.1º convócanse os aspirantes para a realización do primeiro exercicio da oposicion que dará comezo ás 10 horas do día 18 de xaneiro de 2003 nas facultades de Informática, Dereito e Socioloxía (Campus de Elviña). A distribución dos opositores entre os centros e aulas farase pública cunha antelación mínima de dez días ó inicio das probas nos taboleiros de anuncios do Rectorado, Vicerrectorado do Campus de Ferrol e nos propios centros indicados para a realización deste primeiro exercicio. Os aspirantes deberán acudir provistos do documento nacional de identidade ou documento legal que acredite a súa identidade, lápis de cor negra número dous e goma de borrar.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso potestativo de reposición ante este rectorado, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

A Coruña, 2 de decembro de 2002.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña