Por Orde do 23 de abril de 2002 (DOG nº 83, do 30 de abril), a Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais anunciou medidas de apoio á policía local de Galicia, consistentes na cesión de vehículos especialmente preparados para o exercicio das súas funcións.
A teor do disposto na disposición adicional desta orde, na que se establecía que a achega compensatoria realizada polos beneficiarios segundo o disposto no artigo 6.2º a) podería xerar créditos no estado de gastos do orzamento desta consellería, que poderían ser utilizados na adquisición e adxudicación de máis vehículos,
RESOLVO:
Primeiro.-Conceder con cargo á aplicación 13.05.624.0, programa 123.A, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2002, a cesión en propiedade dun vehículo equipado para uso da policía local ós seguintes concellos:
-Marca e modelo Turismo Citröen Xsara 1.9D SX Break.
Concello destinatario: Marín.
Número de bastidor: VF7N2WJYB73689410.
Concello destinatario: Ribeira.
Número de bastidor: VF7N2WJYB73690686.
-Marca e modelo Todoterreo Suzuki Vitara 2.0 HDI.
Concello destinatario: Cerceda.
Número de bastidor: VFEETW04VNT203611.
-Marca e modelo Motocicleta Piaggio, Hexagon GT 250.
Concello destinatario: Cee.
Número de bastidor: A78M1002252000.
Segundo.-Notifica-lo contido desta resolución ós concellos beneficiarios, especificando as condicións particulares que deberán cumprir, e que se formalizarán mediante convenio no que constará o acordo da cesión e a aceptación do cesionario.
Terceiro.-Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta orde, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde. En todo caso non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.
Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2002.
Antonio Pillado Montero
Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais