Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Venres, 27 de decembro de 2002 Páx. 17.787

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 19 de novembro de 2002 pola que se fixa o prezo de venda ó público da publicación: Plan de minimización de riscos microbiolóxicos no medio hospitalario de Galicia. Informe de xestión 1999-2001.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de tasas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido o preceptivo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo único.

1. Queda aprobado o prezo de venda ó público da publicación editada por esta consellería e que se relaciona no anexo.

2. Este prezo entenderase con IVE incluído.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2002.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade

ANEXO I

-Plan de minimización de riscos microbiolóxicos no medio hospitalario de Galicia. Informe de xestión 1999-2001: 24,04 euros.