Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Xoves, 26 de decembro de 2002 Páx. 17.714

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica proposta de resolución do expediente sancionador Secretaría 177/2002.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona, a proposta de resolución do expediente sancionador instruído pola Delegación Provincial de Sanidade da Coruña, por incumprimento da Lei 14/1986, do 25 abril, xeral de Sanidade, e o R.D. 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

A partir do día seguinte á publicación deste acordo, en virtude do disposto no artigo 19 do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, regulamento para o exercicio da potestade sancionadora; dispón do prazo de 15 días para presentar alegacións.

Expediente sancionador: Secretaría 177/2002.

Denunciada: Mª Ángeles Castro Ares.

DNI/CIF: 32298358.

Derradeiro enderezo coñecido: Borrallón, 12-4º. A Coruña.

Cualificación da infracción: leve.

Importe da sanción: noventa euros con quince céntimos.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2002.

Mª Blanca García Varela

Delegada provincial da Coruña