Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Xoves, 26 de decembro de 2002 Páx. 17.714

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

CÉDULA do 19 de novembro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se lle notifica a Juan C. Mosquera Samper a resolución do expediente sancionador 141/02OT iniciado por acordo do 29 de abril de 2002 e comunicado ó presunto infractor mediante publicación no Diario Oficial de Galicia do 11 de xullo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado, cos datos persoais e último domicilio coñecido que se sinalan a continuación, a resolución do expediente sancionador nº 141/02OT dictada polo delegado provincial da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural de Lugo. Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta cédula.

No caso de estar conforme con esta resolución, para o pagamento da sanción imposta deberá emprega-los impresos normalizados que se lle facilitarán nesta delegación provincial sita en Ronda da Muralla 70, baixo 1º.

Lugo, 19 de novembro de 2002.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: 141/02OT.

Denunciado: Juan C. Mosquera Samper.

DNI: 09176776.

Último enderezo coñecido: Doutor Casares, 119. Monforte de Lemos (Lugo).

Feitos imputados: carecer de autorización para exerce-la actividade de operador comercial de gando así como do libro de rexistro de movementos e compravenda de gando.

Tipificación da infracción:

Precepto infrinxido: artigos 195 e 196 do Regulamento de epizootias do 4 de febreiro de 1955 e artigo 10 da Orde do 23 de agosto de 1995, pola que se regulan e fixan as condicións, marcas e documentos sanitarios para o traslado e circulación de animais (DOG do 4 de setembro).

Precepto sancionador: artigos 213 e 224 do Regulamento de epizootias do 4 de febreiro de 1955.

Cualificación da infracción: moi grave.

Sanción imposta: 601,01 euros.

Motivo da publicación: ausente no reparto e devolto polo servicio de correos por transcurso do tempo de espera en lista.