Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Xoves, 26 de decembro de 2002 Páx. 17.714

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación da proposta de resolución do expediente sancionador PO-I-02/162 e un máis (incendios-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a proposta de resolución por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e do seu Regulamento do 23 de decembro.

O denunciado poderá presentar nun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, as alegacións que considere convenientes, participándolle que ten á súa disposición o expediente para examinalo, no Servicio Técnico Xurídico, sito en Benito Corbal, 47, 5ª planta (Pon

tevedra). Conforme o establecido no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).

Pontevedra, 26 de novembro de 2002.

José Antonio López Rodríguez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-I-02/162.

Denunciado: Manuel Taboada Asorey.

Último enderezo coñecido: Don Ramiro, 23-Agruchave. 36500 Lalín.

Feito denunciado: abandono dun vehículo en zona forestal.

Precepto infrinxido: art. 137 e) do regulamento da LIF.

Precepto sancionador: art. 139 do regulamento da LIF.

Sanción: 300,51 euros.

Expediente: PO-I-02/164.

Denunciado: José Luis Gómez Requejo.

Último enderezo coñecido: San Pedro, 6. 27001 Lugo.

Feito denunciado: abandono dun vehículo en zona forestal.

Precepto infrinxido: art. 137 e) do regulamento da LIF.

Precepto sancionador: art. 139 do regulamento da LIF.

Sanción: 300,51 euros.