Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Xoves, 26 de decembro de 2002 Páx. 17.697

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (342/2002).

Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño de que nos autos seguidos perante este xulgado do social tramitados baixo o nº 342/2002, contra a empresa Entarimados y Parquets Pérez, S.L., sobre cantidade, se dictou a seguinte sentencia:

«Sentencia. A Coruña, vinte de novembro de dous mil dous. Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do Social número dous deste cidade, viu os presentes autos de xuízo 342/2002, seguidos por instancia de José Ramón Pérez Campelo, maior de idade, asistido polo letrado José Páramo Sureda, contra a empresa Entarimados y Parquets Pérez, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, que non compareceron nos autos, sendo o obxecto da reclamación de cantidade.

Seguen feitos e fundamentos xurídicos.

Decido: que debo estimar y estimo a demanda interposta por José Ramón Pérez Campelo contra a empresa Entarimados y Parquets Pérez, S.L. e debo

condenar e condeno a esta a aboar ó demandante a cantidade de 1.669,67 euros polos conceptos reclamados na demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se fará saber que contra ela non cabe recurso ningún.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación á empresa Entarimados y Parquets Pérez, S.L. mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG), que ten o seu enderezo descoñecido, expido e asino esta cédula na Coruña o vinte de novembro de dous mil dous.

O secretario xudicial

Rubricado