Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Xoves, 26 de decembro de 2002 Páx. 17.696

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO NÚMERO TRES DE PONTEVEDRA

AUTO (206/2002).

En Pontevedra o 14 de novembro de 2002.

Feitos.

Único. Con data 7-11-2002 dictouse sentencia por este xulgado no procedemento PA 206/2002 na que se se estima o recurso interposto pola representación da entidade mercantil Marfrío Marín, S.A., contra a resolución de data 4-2-2002 da Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia, pola que se desestima o recurso de alzada interposto contra a resolución do 4-10-2002, da Dirección Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, confirmatoria da acta de infracción nº 817/00 da Inspección Provincial de Traballo.

Esta sentencia declara a nulidade da sanción por entender ilegal a disposición xeral aplicada, neste caso o artigo 7, punto primeiro do Decreto 376/1996,

do 17 de outubro, sobre distribución de competencias entre os órganos da Xunta de Galicia para a imposición de sancións por infraccións nas materias laborais, de prevención de riscos e por obstrucción do labor inspector.

Parte dispositiva.

SSª ante min, a secretaria, acorda: suscitar ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a cuestión de ilegalidade do artigo 7, punto primeiro, do Decreto 376/1996, do 17 de outubro, sobre distribución de competencias entre os órganos da Xunta para a imposición de sancións por infracción nas materias laborais, de prevención de riscos e por obstrucción do labor inspector, e que deu lugar á sanción anulada por sentencia do 7-11-2002 deste xulgado, por entender que se fundaba naquela disposición xeral ilegal.

O que se anuncia para que lles sirva de coñecemento de tódolos que poidan ter interese na cuestión suscitada.

Pontevedra, 14 de novembro de 2002.

A secretaria

Rubricado