Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Xoves, 26 de decembro de 2002 Páx. 17.696

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

CÉDULA de notificación (580/2001).

En virtude do acordado polo maxistrado-xuíz de primeira instancia número dez da Coruña e o seu partido, en resolución desta data, dimanante dos autos de separación contenciosa nº 580/2001, seguidos por instancia de Mª Elena Pintos Souto, representado polo procurador Dorrego Viéitez, contra Juan Antonio Lema Anido, dictouse sentencia que no encabezamento e parte dispositiva di como segue:

«Na Coruña o vinte de novembro de dous mil dous.

Vistos por Ángel Barrallo Sánchez, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña e o seu partido, os presentes autos de separación contenciosa seguidos neste xulgado co nº 580/2001-EV, por instancia de Mª Elena Pintos Souto representada/o polo procurador Dorrego Viéitez e defendido pola letrada Canal Paz, sendo parte demandada Juan Antonio Lema Anido, en situación procesual de rebeldía.

Decido:

Que, estimando en parte a demanda interposta polo procurador Manuel Dorrego Viéitez, en nome e representación de Mª Elena Pintos Souto, contra Juan Antonio Lema Anido, en situación procesual de rebeldía, debo declarar e declaro a separación do matrimonio constituído por Juan Antonio Lema Anido e María Elena Pintos Souto, celebrado en Arteixo o 2 de decembro de 1995, con tódolos efectos legais inherentes a tal pronunciamento.

Sen imposición de custas.

Notifíquese esta resolución ó demandado declarado rebelde.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de apelación que se interporá por escrito ante este mesmo xulgado no termo de cinco (5) días desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de cédula de notificación en forma a Juan Antonio Lema Anido, na actualidade en domicilio descoñecido, expido esta cédula, que asino na Coruña o vinte de novembro de dous mil dous.

A secretaria xudicial

Rubricado

XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO

NÚMERO TRES DE PONTEVEDRA