Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Xoves, 26 de decembro de 2002 Páx. 17.696

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO, SECCIÓN SEGUNDA)

EDICTO (5301/2002).

Polo presente faise saber que en providencia dictada o día da data, esta Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia acordou admitir a trámite o recurso interposto polo procurador Ramón de Uña Piñeiro, en nome e representación de Telleral de Promociones de Galicia, S.L., contra Resolución do 1-7-2002, dictada pola Comisión de Goberno do concello, polo que se aproba definitivamente o proxecto de reparcelación do polígono 2 do SUNP-5 (DOG do 28-8-2002).

Recurso número: 02/0005301/2002.

A publicación deste anuncio servirá de emprazamento ás persoas que, non téndoo sido persoalmente, teñan un dereito ou un interese lexítimo no citado recurso, podendo constituírse en parte en legal forma no prazo de nove días. Se o fixesen con posterioridade, serán tidas por parte para os trámites non precluídos.

A Coruña, vinteún de novembro de dous mil dous.

Isabel Freire Corzo

Secretaria