De conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, na súa nova redacción dada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna e no uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da mesma lei, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, os postos de traballo vacantes que se indican no anexo I desta orde.
Segundo.-Poderán concorrer a ela os/as funcionarios/as de carreira que reúnan as condicións que para os postos de traballo se sinalan no anexo I.
Terceiro.-As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, (edificio administrativo San Caetano s/n, Santiago de Compostela), nas súas delegacións provinciais, ou nas oficinas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo modelo que se inclúe no anexo II.
Cuarto.-Os/as aspirantes deberán xuntar á petición un currículum vitae e xustificar, mediante certificación ou copia compulsada, os méritos que aleguen.
Quinto.-No caso de resultar seleccionados/as para ocupa-los postos de traballo funcionarios/as con destino noutras administracións públicas, requirirase o informe favorable do departamento onde preste servicio, considerándose neste sentido de non emitirse no prazo de 15 días segundo o disposto no artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.
Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia e poderá declararse deserto o posto de traballo, de considerarse oportuno.
Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles, se o destino anterior radica na mesma localidade que a do novo destino, e dun mes, se radica en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio activo do/a funcionario/a. Este prazo empezarase a contar a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días hábiles seguintes ó da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.
Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión comenzará a contar desde o día seguinte ó da publicación da resolución.
Oitavo.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer potestativamente recurso de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2002.
Celso Currás Fernández
Conselleiro de Educación e
Ordenación Universitaria
ANEXO I
Denominación do posto: inspector/a servicios educativos complementarios.
Código do posto: ED.C99.10.000.36001.192.
Dependencia: delegación provincial.
Localidade: Pontevedra.
Grupo: A/B/C.
Nivel: 24.
Complemento específico: 1.736,80 euros.
Corpo ou escala: xeral.
Denominación do posto: inspector/a servicios educativos complementarios.
Código do posto: ED.C99.10.000.36001.193.
Dependencia: delegación provincial.
Localidade: Pontevedra.
Grupo: A/B/C.
Nivel: 24.
Complemento específico: 1.736,80 euros.
Corpo ou escala: xeral.
TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO
CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO,
SECCIÓN SEGUNDA)