Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Xoves, 26 de decembro de 2002 Páx. 17.693

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 12 de decembro de 2002 pola que se modifica o anexo I da Orde do 10 de outubro de 2002 pola que se convoca concurso de traslados específico na especialidade de economía.

A Orde do 10 de outubro de 2002, pola que se convoca concurso de traslados específico, entre funcionarios docentes do corpo de profesores de ensinanza secundaria e profesores técnicos de formación profesional para cubrir prazas da especialidade de

economía, determinaba no anexo I as vacantes que se ofertaban.

Vistas as reclamacións e observacións realizadas, esta Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

RESOLVE:

Modifica-lo anexo I da Orde do 10 de outubro de 2002, pola que se convoca concurso de traslados específico entre funcionarios docentes do corpo de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional, na especialidade de economía, suprimindo as seguintes prazas:

15010812CIES Virxe do Mar-Noia (A Coruña).

15027711CIES Leliadoura-Carreira-Ribeira (A Coruña).

15025301CIES Arcebispo Xelmírez II- Santiago de Compostela (A Coruña).

36015101CIES da Cañiza-A Cañiza (Pontevedra).

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria