Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Xoves, 26 de decembro de 2002 Páx. 17.697

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (516/2002).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 516/2002, por instancia de María José Collazo Pampín contra a empresa Luis Soto Vázquez sobre salarios, nos que recaeu sentencia o 22-11-2002 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Que estimando a demanda formulada por María José Collazo Pampín contra a empresa Luis Soto Vázquez condeno a esta a aboarlle a cantidade de 396,67 euros, que lle debe en concepto de salarios.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe interpoñer ningún recurso.

Así por esta miña sentencia da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Luis Soto Vázquez, expido e asino esta cédula na Coruña, 22 de novembro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado