Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 24 de decembro de 2002 Páx. 17.688

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno, na sesión do día 9 de decembro de 2002, acordou converte-lo procedemento para a normalización de dúas parcelas sitas entre a casa número 1 da rúa de Triacastela e o edificio número 32 da avenida de Lugo, nun procedemento ordinario de reparcelación, de acordo co previsto no artigo 118.4º do Regulamento de xestión urbanística.

Na mesma sesión a Comisión de Goberno acordou aprobar inicialmente a delimitación do polígono reparcelable segundo o proxecto presentado pola mercantil Promociones Concheiros 2000, S.L., así como o inicio do expediente de reparcelación ordinaria de acordo co previsto no artigo 101.2º do Regulamento de xestión urbanística.

En cumprimento do que dispoñen os artigos 121 e 126 da Lei 1/1997, do solo de Galicia (LSG), o expediente de delimitación sométese a información pública durante o prazo de vinte días, contados a

partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun periódico de circulación na provincia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na Sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Así mesmo faise público o inicio do expediente de reparcelación do polígono delimitado, outorgándolles ós propietarios que representen, alomenos, o 25% da superficie reparcelable o prazo de tres meses para presentar no concello o proxecto de reparcelación da unidade.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2002.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde