A Comisión de Goberno na sesión do día 18 de novembro de 2002 acordou aprobar definitivamente a delimitación da área de servicio de San Caetano, promovida polas mercantís Galuresa e Restaurantes Mc Donald's.
Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Comisión de Goberno do concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.
Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2002.
Xosé A. Sánchez Bugallo
Alcalde