Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 24 de decembro de 2002 Páx. 17.687

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de urbanización da unidade de actuación número 10 do PXOU-rúas Ernesto Caballero, Ramón Cabanillas e Ángel Amor Ruibal, promovido por Inversiones Playamar, S.L.

A Comisión de Goberno, en sesión de vintecinco de novembro de dous mil dous, acordou prestar aprobación definitiva ó proxecto de urbanización da unidade de actuación nº 10 do Plan Xeral de Ordenación Urbana, sito entre as rúas Ernesto Caballero, Ramón Cabanillas e Ángel Amor Ruibal, promovido, mediante iniciativa particular pola entidade mercantil Inversiones Playamar, S.L. e subscrito polos arquitectos sres. Castro e Alonso, con visado colexial do 11-9-2001, así como follas de memoria corrixidas nº 30 e 37 e planos 9-bis, 11-bis e 18 bis e estudio básico de seguridade e saúde da mesma autoría e visado colexial do 21-1-2002, planos 2 bis e 3 bis reformados con visado do 18-3-2002 que anulan e substitúen os seus correlativos do proxecto e anexo ó orzamento (cap. XII Xardinería) tamén da mesma autoría.

O que se fai público para a súa executividade, subliñándose que contra este acto administrativo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer ben o recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que a dictou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa modificación, consonte co establecido no art. 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, na redacción dada pola Lei 4/1999, ou ben directamente o recurso contencioso administrativo perante o Xulgado Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa notificación, conforme o disposto nos artigos 8.1º e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

De se interpoñe-lo recurso potestativo de reposición, este deberá ser resolto e notificado no prazo dun mes segundo se establece no artigo 117.2º da citada Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, entendéndose desestimado polo transcurso do mencionado prazo sen resolución expresa, de conformidade co establecido no art. 43.2º desta Lei 30/1992, podéndose entón interpoñer recurso contencioso-administrativo dentro do prazo de seis

meses contados desde o día seguinte daquel no que se deba entender presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, conforme o establecido no art. 46.1º e 4º da Lei 29/1998.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados estimen procedentes consonte a dereito.

Pontevedra, 9 de decembro de 2002.

Miguel Fernández Lores

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral