Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 24 de decembro de 2002 Páx. 17.687

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-462).

Por resolución desta Alcaldía nº 5639/2002, do 29 de novembro de 2002, acordouse aprobar inicialmente o Plan Especial de Protección e Reforma Interior do Pazo de Abella, no Campamento-Iñás, presentado por Caixa Galicia.

Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente nas oficinas municipais de Urbanismo de 9 a 13 horas tódolos días laborables, polo prazo dun mes, a través de anuncios no DOG, prensa e taboleiro de anuncios, que computará desde a última publicación, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se estimen oportunas.

Oleiros, 4 de decembro de 2002.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta