Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 24 de decembro de 2002 Páx. 17.687

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO de modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

O Concello Pleno, en sesión extraordinaria do 11 de novembro de 2002, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual do artigo 63 do Plan Xeral de Ordenación Municipal (solo urbanizable programado SUP 2-R Meixón Frío).

Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente nas oficinas municipais de Urbanismo de 9 a 13 horas tódolos días laborables, polo prazo dun mes, a través de anuncios no DOG, prensa e taboleiro de anuncios, que computará desde a última publicación, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se estimen oportunas.