Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 24 de decembro de 2002 Páx. 17.686

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

O Pleno Municipal na súa sesión de data 29-10-2002 adoptou o seguinte acordo:

1. Aprobar con carácter definitivo o estudio de detalle da parcela 33 do Plan parcial Monte Anchouza, redactado polo arquitecto Antonio Alfeirán Espinosa e promovido pola sociedade Olrime Qapa, S.L.,

propietaria da parcela, segundo documento refundido con visado colexial do 30 de agosto de 2002.

2. Que se proceda á publicación do acordo aprobatorio no DOG e no BOP e á súa comunicación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

3. Contra este acordo, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse, potestativamente recurso de reposición perante o mesmo órgano que o adoptou no prazo dun mes ou impugnarse directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, computados ámbolos dous prazos a partir do día seguinte á notificación do presente acordo.

A interposición do recurso de reposición impide a impugnación en vía contencioso-administrativa en tanto non se dicte resolución daquel, que deberá notificarse no prazo dun mes desde a súa interposición. Neste caso, o prazo de interposición do recurso contencioso será de dous meses ou de seis meses, respectivamente, contados desde o día seguinte ó da notificación da resolución expresa do recurso de reposición ou desde que deba entenderse presuntamente desestimado este recurso.

Todo o anterior faise de conformidade cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de RXAP e PAC, modificada pola Lei 4/1999 e artigo 46.1º da Lei da XCA.

Culleredo, 5 de novembro de 2002.

Ricardo Seoane Candamio

Concelleiro delegado de Urbanismo