Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 24 de decembro de 2002 Páx. 17.688

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da exposición pública do proxecto de estatutos e bases para a constitución e funcionamento da Xunta de Compensación da U.A. IV PERI IV-05 Aragón-Travesía de Vigo (expediente 4413/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo en sesión do 28 de novembro de 2002 adoptou entre outros o acordo de aprobar inicialmente o proxecto de estatutos e bases de actuación da Xunta de Compensación da U.A. IV do PERI IV-05 Aragón-Travesía de Vigo, presentado polo representante da entidade mercantil Inversiones Playamar, S.L. (expte. 4413/401).

Sométese o presente expediente ó trámite de información pública polo prazo de vinte días, mediante publicación no DOG, BOP e taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, segundo o establecido no artigo 12.4º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia. O prazo de exposición pública entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate dos vinte días contados desde o derradeiro anuncio.

A documentación do presente expediente está ó dispor do público en xeral na oficina de Información Urbanística, na planta baixa da xerencia.

O presente anuncio servirá de notificación, nos termos establecidos nos artigos 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, para todos e todas aqueles/as interesados/as directamente afectados/as que por resultar descoñecidos/as ou por ignora-lo seu domicilio non poidan ser notificados/as persoalmente.

Vigo, 11 de decembro de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo