Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 24 de decembro de 2002 Páx. 17.679

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (428/2002).

Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño de que nos autos seguidos perante este xulgado do social tramitados baixo o número 428/2002, contra a empresa Gallega de Suministros Clínicos, S.L. sobre salarios, dictouse a seguinte sentencia:

Sentencia. A Coruña, vinte de novembro de dous mil dous. Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número dous da Coruña, viu os presentes autos de xuízo 428/2002, seguidos a instancia de Elías Pintor Rodríguez, maior de idade, asistido pola letrada Cristina Gómez Lozano, contra a empresa Gallega de Suministros Clínicos, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, que non compareceron nos autos, sendo o obxecto da reclamación, salarios.

Seguen feitos e fundamentos xurídicos.

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por Elías Pintor Rodríguez contra a empresa Gallega de Suministros Clínicos, S.L., condenando a demandada a aboar ó actor a cantidade de 834,36 euros polos conceptos reclamados na demanda.

NOtifíqueselles esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra ela non cabe recurso ningún.

Así, por esta miña sentencia definitivamente xulgando en primeira instancia pronúncioo, mandoo e asínoo.

E para que sirva de notificación a empresa Gallega de Suministros Clínicos, S.L. mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, que ten o seu enderezo descoñecido, expido e asino esta cédula na Coruña o 20 de novembro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA