Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 24 de decembro de 2002 Páx. 17.678

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE RIBEIRA

EDICTO (258/2002).

Eu, Ramón Eloy Rodríguez Frieiro, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número de tres de Ribeira, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 258/2002, se acordou citar a José Alexandre Maia Gonçalves, co fin de que o vindeiro día vintenove de xaneiro ás 10.30 horas, asista na sala de vistas 01 á celebración do xuízo de faltas arriba indicado, seguido por falta de inxurias, como denunciado.

Fáiselle saber que deberá comparecer con tódolos medios de proba de que tente valerse no acto do xuízo (testemuñas, documentos, peritos...) e que poderá acudir asistido de letrado, se ben este non é preceptivo.

É apercibido de que de residir no termo municipal e non comparece nin alega xusta causa que llo impida, poderá impoñérselle unha multa, recaendo nel o prexuízo a que houber lugar en dereito.

O axente xudicial.

E para que conste e lle sirva de citación a José Alexandre Maia Gonçalves, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Ribeira o vintedous de novembro de dous mil dous.

O secretario

Rubricado