Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 24 de decembro de 2002 Páx. 17.679

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se emprazan os interesados nos recursos contencioso-administrativos número 01/0977/2002, interposto pola asociación de afectados Plataforma Loxística de Salvaterra e número 01/0978/2002, interposto por Eduardo Rodríguez Soto e Félix Soto González.

Para os efectos de lle dar cumprimento ó solicitado polo presidente da Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación cos recursos contencioso-administrativos número 01/0977/2002, interposto pola asociación de afectados Plataforma Loxística de Salvaterra, e número 01/0978/2002, interposto por Eduardo Rodríguez Soto e Félix Soto González, ámbolos dous contra o acordo do Consello da Xunta de Galicia do 15 de maio de 2002, sobre a aprobación definitiva do proxecto sectorial para implantación da plataforma loxística-industrial de Salvaterra-As Neves; esta secretaría resolveu ordena-la remisión do correspondente expediente ó Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, emprazándoas para que poidan comparecer como demandados nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2002.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda