Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 24 de decembro de 2002 Páx. 17.583

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2002 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 13 de decembro de 2002, polo que se aproba a relación de postos de traballo da Consellería de Medio Ambiente.

A entrada en vigor do Decreto 333/2002, do 22 de novembro, polo que se modifica o Decreto 14/2002, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, introduce modificación na configuración dos centros directivos e unidades administrativas, que fan necesario unha modificación da actual relación de postos de traballo, que ademais de recolle-los postos de nova creación, introduza modificacións puntuais ós existenes co obxecto de adecualos ás actuais necesidades da consellería.

En consecuencia, por proposta da devandita consellería, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día trece de decembro de dous mil dous, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Aproba-la relación de postos de traballo da Consellería de Medio Ambiente, nos termos que se sinalan no anexo ó presente acordo.

Segundo.-Ordena-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Terceiro.-Clasificar como postos de libre designación, de acordo coa motivación que se especifica, os seguintes:

CódigoDenominaciónMotivación

MA.C99.10.401.15001.002Xefe Servicio Caza

e Pesca Fluvial

MA.C99.10.401.32001.001Xefe Servicio Caza

e Pesca Fluvial

MA.C99.10.401.36001.002Xefe Servicio Caza

e Pesca Fluvial

MA.C99.10.301.27001.001Xefe Servicio

Espacios Naturais

e Biodiversidade

Artigo 6 da orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 21 de novembro

MA.C03.00.002.15770.006Xefe Servicio de

Programación

do 1989 (DOG nº 232, do 4 de decembro). Postos de confianza.

MA.C05.00.001.15770.006Xefe Servicio

de Protección

Ambiental

MA.C04.00.001.15770.002Subdirector xeral

Espacios Naturais

e Biodiversidade

MA.C04.00.000.15770.003Secretario/a do/a

director/a xeral

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do trece de decembro de dous mil dous, relativo á modificación da relación de postos da Consellería de Medio Ambiente, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

Código-Descrición das titulacións académicas.

1999 Doutoramento.

2001 Arquitectura superior.

2005 Enxeñería industrial.

2007 Enxeñería de montes.

2019 Enxeñería superior.

2020 Admón. e dirección empresa.

2021 Lic. biolóxicas.

2022 Licenciado en ciencias económicas.

2027 Lic. farmacia.

2028 Lic. física.

2035 Lic. químicas.

2037 Licenciado veterinaria.

2062 Licenciado en dereito.

2086 Lic. socioloxía.

2998 Titulado superior.

3001 Arquitectura técnica.

3004 Enx. técn. forestal.

3010 Enxeñería técnica topográfica.

3019 Enxeñería técnica.

4020 FP2-Delineación.

5133 Capataz forestal.

Código-Descrición das formacións específicas.

001 Mecanografía.

005 Exp. contratación.

007 Exp. xestión orzamentaria.

009 Exp. xestión económica.

058 Coñec. urbanismo.

069 Exper. xestión persoal.

480 Doutor (mérito).

497 Licenciado en económicas (mérito).

523 Diploma de directivo.

640 Para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.).

641 Para persoal doutra Administración, curso de iniciación de galego (R.I.).

654 Exp. xest./ctrol. orzamentaria.

728 Exp. explot. predios investig. forestal.

730 Exp. traballos aux. invest. forestal.

762 Experiencia en técnicas analíticas.

781 3 anos experiencia mínima análise química (R.I.).

782 Experiencia xestión/dirección programas investigación forestal (3 anos) (R.I.).

783 Experiencia xestión/dirección programas investigación forestal (5 anos) (R.I.).

784 Experiencia avaliación ambiental (R.I.).

785 Experiencia avaliación ambiental.

786 Experiencia declaración impacto ambiental e actuacións ambientais.

787 Experiencia inspección ambiental e coñecementos técnicas ambientais.

788 Experiencia xestión ambiental.

789 Experiencia xestión residuos (R.I.).

792 Experiencia denuncias ambientais (R.I.).

793 Experiencia defensa contra incendios.

794 Experiencia xestión solos contaminados e residuos (R.I.).

796 Experiencia en tecnoloxía industrial.

797 Experiencia en investigación ambiental.

799 Experiencia xestión solos contaminados e tramitación de RP (R.I.).

840 Experiencia en xestión e control de fondos comunitarios (R.I.).

841 Experiencia en traballos en altura e medición de instrumentos e focos de emisión (R.I.).

850 Experiencia en xestión de recursos cinexéticos-piscícolas.

851 Experiencia en xestión da fauna, flora e animais domésticos.

990 Experiencia en divulgación e información ambiental.

991 Coñecementos en información ambiental.

992 Coñecementos de sistemas de información xeográfica (R.I.).

993 Coñecementos de técnicas forestais.

Código-Descrición doutras administracións.

A11 Adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.

A17 Adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA. e persoal docente con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.

AXG Adscrición exclusiva a funcionarios da Xunta de Galicia.

Observacións:

1. Sen dotar orzamentariamente.

2. Ocupado por laboral fixo.

3. Cando sexa vacante, transformar en xefe de sección con nivel 25.

4. Cando sexa vacante, transformar en xefe de negociado administrativo.

5. Cando sexa vacante, situar na comarca forestal do Eume.

6. Cando sexa vacante, situar na comarca forestal de Ortegal.

7. Cando sexa vacante, situar en MAN na comarca da Barbanza.

8. Cando sexa vacante, situar na comarca forestal da Mariña Central.

9. Cando sexa vacante, situar na comarca forestal da Mariña Occidental.

10. Cando sexa vacante, situar en MAN na comarca de Meira.

11. Cando sexa vacante, situar na comarca forestal de Lugo.

12. Cando sexa vacante, situar en MAN no distrito da Terra Chá.

13. Cando sexa vacante, situar na comarca forestal de Meira.

14. Cando sexa vacante, situar no distrito XI de Ribeiro-Arenteiro.

15. Cando sexa vacante, situar na comarca forestal de Terra de Caldelas-Terra de Trives.

16. Cando sexa vacante, situar na comarca forestal de Tabeirós-Terra de Montes.

17. Cando sexa vacante, situar na comarca forestal do Ribeiro.

18. Cando sexa vacante, situar na comarca forestal de Ourense.

19. Cando sexa vacante, situar na comarca de Arzúa.

20. Cando sexa vacante, situar en MAN na comarca da Barbanza.

21. Cando sexa vacante, situar na comarca forestal da Baixa Limia.

22. Cando sexa vacante, situar no distrito XVI de Deza-Tabeirós.

23. Cando sexa vacante, situar en MAN na comarca da Baixa Limia (G.F.)

24. Cando sexa vacante, situar na comarca forestal de Arzúa-Terra de Melide.

25. Cando sexa vacante, situar en MAN na comarca de Allariz-Maceda (G.F.)

26. Cando sexa vacante, situar en MAN na comarca do Baixo Miño.

27. Cando sexa vacante, situar en MAN na comarca de Valdeorras.

28. Cando sexa vacante, situar en MAN na comarca do Baixo Miño (G.F.).

29. Dispoñibilidade horaria.

30. Cando sexa vacante, transformar en posto base do grupo D.

31. Cando sexa vacante, transformar en auxiliar de laboratorio, grupo IV, categoría 11.

32. Cando sexa vacante, amortizar.

33. Ocupado por encargado agrario, grupo III, categoría 11.

34. Ocupado por oficial de 20 de campo, grupo IV, categoría 9.

35. Complemento de nocturnidade.

36. Cando sexa vacante, situar en Viveiro-Santa Cruz.

37. Cando sexa vacante, transformar en capataz de establecemento no Centro de Recuperación de Fauna Salvaxe de Santa Cruz.

38. Cando sexa vacante, transformar en celador/a de 20 no distrito forestal III.

39. Laboral fixo-descontinuo.

40. Cando sexa vacante, situar no distrito forestal XII de Miño-Arnoia.

41. Cando sexa vacante, transformar en capataz de establecemento en Viveiro-Santa Cruz.

42. Ámbito espacios naturais provincias para divulgación ambiental.

43. Cando sexa vacante, situar no viveiro Os Milagres.

44. Cando sexa vacante, transformar en axente zonal na comarca forestal do Condado.

45. Media xornada.

46. Ocupado por oficial de 10 tractorista, grupo III, categoría 64.

47. Cando sexa vacante, transformar en axente territorial no distrito forestal XVII.

48. Cando sexa vacante, transformar en axente (G.F.) na comarca MAN de Vigo.

49. Cando sexa vacante, transformar en celador/a de 20 (vixilante de recursos naturais).

50. Cando sexa vacante, transformar en axente (G.F.) na comarca MAN do Deza.