Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 24 de decembro de 2002 Páx. 17.581

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2002 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 13 de decembro de 2002, polo que se modifica a relación de postos de traballo da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

A entrada en vigor do Decreto 147/2002, do 11 de abril, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e da Lei 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora de responsabilidade penal dos menores, unido á necesidade de racionaliza-la xestión do persoal da Administración de xustiza na unidade máis axeitada, fan necesario unha modificación da actual relación de postos de traballo da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

En consecuencia, por proposta da devandita consellería, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día trece de decembro de dous mil dous, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería de Xustiza, Interior e Rela

cións Laborais, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo.-Ordena-la publicación da dita modificación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Terceiro.-Clasificar como postos de libre designación, de acordo coa motivación que se especifica, os seguintes:

CódigoDenominaciónMotivación

XU.C06.00.002.15770.001Subdirección Xeral Relacións coas Entidades Locais e Pacto LocalArtigo 6 da orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 21 de novembro de
XU.C06.00.002.15770.005Servicio Relacións coas Entidades Locais e Estud. Locais de Galicia 1989 (DOG nº 232, do 4 de decembro). Postos de confianza.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trece de decembro de dous mil dous, relativo á modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública