Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 23 de decembro de 2002 Páx. 17.576

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de rectificación do anuncio da aprobación inicial da ordenanza urbanística reguladora da publicidade exterior no termo municipal de Vigo (expediente 916/400).

No Diario Oficial de Galicia número 200, do 16 de outubro de 2002 (páx. 14.788), publicouse o acordo de aprobación inicial, polo Pleno do Concello de Vigo, en sesión do día 29 de xullo de 2002, da ordenanza urbanística reguladora da publicidade exterior no termo municipal de Vigo, elaborada polos servicios xurídicos da xefatura da Xerencia Municipal de Urbanismo.

No dito anuncio comunicábase que o prazo de exposición pública entenderíase aberto desde a publicación do acordo no DOG, cando debería dicir no BOP.

Vigo, 12 de novembro de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo