Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 23 de decembro de 2002 Páx. 17.576

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de urbanización do polígono 1, PERI 4 Barreiro 2 (expediente 4375/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo en sesión do 10 de outubro de 2002 adoptou entre outros o acordo de aprobar definitivamente o proxecto de urbanización do polígono 1 do PERI 4-Barreiro-2, de iniciativa municipal, na súa última versión, de setembro de 2001, con memoria e planos asinados polo enxeñeiro Santiago N. López Fontán (expte. 4375/401).

Contra o devandito acordo que pon fin á vía administrativa poderá interpoñerse un dos seguintes recursos:

a) Recurso potestativo de reposición ante o Consello da Xerencia do Concello de Vigo no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

b) Recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio, de acordo co artigo 8 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

De conformidade co artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio deste anuncio, e publicación no taboleiro de edictos do concello, notifícase o acordo que nel se contén a tódolos propietarios afectados descoñecidos, de ignorado enderezo, respecto dos cales non se puido practica-la notificación intentada.

Vigo, 20 de setembro de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo