Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 23 de decembro de 2002 Páx. 17.575

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

ANUNCIO.

Neste concello tramítase o proxecto de estatutos e bases de actuación da Xunta de Compensación para a xestión urbanística do polígono único do sector I do solo urbanizable do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Verín, presentado por Primosca, S.L., propietario que representa máis do 50% da superficie total do polígono.

En cumprimento do disposto no artigo 133.4 en relación co 102 da Lei do solo de Galicia, faise público, que mediante decreto desta alcaldía de data 11-11-2002, se aprobou inicialmente o proxecto de estatutos e bases de actuación indicados no punto anterior, acordándose o seu sometemento a información pública por prazo de 20 días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, prazo durante o que expediente poderá ser consultado no Servicio de Urbanismo deste concello, no que poderá presentar alegacións calquera persoa interesada.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Verín, 15 de novembro de 2002.

O alcalde

Rubricado