Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 23 de decembro de 2002 Páx. 17.575

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2002 referente á convocatoria de concurso-oposición para cubrir un posto de encargado do polideportivo, vacante no cadro de persoal laboral fixo do concello.

O alcalde, por Decreto do 25-11-2002, aprobou o sistema de selección, bases e convocatoria para a provisión con carácter definitivo dos seguintes postos de traballo vacantes (oferta de emprego para o ano 2000):

Persoal laboral:

Posto: encargado do polideportivo.

Publicación íntegra bases e convocatoria: BOP de Ourense nº 280, do 7 de decembro de 2002 (inclúese temario e modelo de instancia).

Prazo de presentación de instancias: os vinte días naturais seguintes ó de publicación do extracto da convocatoria no BOE.

Sistema de selección: concurso-oposición.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria publicaranse no BOP de Ourense e no taboleiro de edictos deste concello.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde