Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 23 de decembro de 2002 Páx. 17.576

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de urbanización da rúa Manuel Álvarez (conexión estrada vella de Madrid-Ramón Nieto) (expediente 4391/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo en sesión do 10 de outubro de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización da rúa Manuel Álvarez (conexión estrada vella de Madrid-Ramón Nieto), redactado pola Oficina Municipal de Actuacións Viarias e asinado polo enxeñeiro Santiago López Fontán (exp. 4391/401).

Segundo.-Abrir un trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante publicación de anuncios no DOG e nun xornal dos de maior circulación da provincia, así como mediante notificación individualizada do contido íntegro do acordo ós propietarios no ámbito do proxecto de urbanización.

Terceiro.-Notifíquese este acordo á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, xunto cunha copia do proxecto de urbanización. Notifíquese tamén ás entidades Augas de Galicia, Gas Galicia, Fenosa e Seragua.

Procédese ó trámite de información pública do expediente. O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación, ata o do remate do mes, contado desde o día seguinte ó da última publicación. O expediente está á disposición do público no Departamento de Información Urbanística da Xerencia de Urbanismo (planta baixa do edificio da Xerencia).

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que por resultaren descoñecidos ou ignorado o seu enderezo non poidan ser notificados.

Vigo, 12 de novembro de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo