Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 23 de decembro de 2002 Páx. 17.561

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2002 pola que se aproba o Plan Eólico Estratéxico presentado pola empresa Isolux Wat denominado PEE Isolux Wat.

Examinado o expediente instruído por instancia de Isolux Wat, S.A. con enderezo para efectos de notificacións en r/ Alcocer, 41-28021 Madrid, sobre aprobación del PEE Isolux Wat; esta consellería ten en conta os seguintes

Antecedentes de feito

Primeiro.-Con data do 10 de outubro de 2001, Manuel Fernández Hijosa, no nome e representación de Isolux Wat, S.A., solicitou a aprobación do Plan Eólico Estratéxico denominado PEE Isolux Wat, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-A petición de aprobación do plan eólico estratéxico someteuse a información pública pola Resolución do 4 de febrero de 2002, para os efectos previstos no artigo 5 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo cal se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia. A devandita resolución foi publicada no Boletín Oficial del Estado do 13 de marzo de 2002, e no Diario Oficial de Galicia do 13 de marzo do mesmo ano.

As características principais do PEE Isolux Wat que foron sometidas a información pública son:

Nº áreaNomeProvinciaConcellosXY

1Isolux-IA Coruña

Lugo

Curtis, Sobrado, Guitiriz, Friol1

2

3

4

5

6

7

8

9

10

11

12

13

0.585.000

0.587.000

0.587.000

0.588.000

0.589.000

0.590.000

0.591.000

0.589.250

0.586.750

0.585.000

0.587.500

0.585.000

0.585.000

4.780.000

4.780.000

4.777.000

4.774.000

4.774.000

4.775.000

4.775.000

4.765.000

4.765.000

4.770.000

4.770.000

4.777.000

4.780.000

Nº áreaNomeProvinciaConcellosXY

2Isolux-IIA Coruña

Lugo

Aranga

Guitiriz

1

2

3

4

0.584.000

0.589.000

0.587.000

0.584.000

4.790.000

4.790.000

4.783.000

4.783.000

3Isolux-IIIPontevedraCatoira, Vilagarcía de Arousa, Valga, Caldas de Reis.1

2

3

4

5

6

7

0.525.000

0.528.000

0.528.000

0.527.250

0.521.000

0.521.000

0.525.000

4.726.000

4.726.000

4.723.000

4.718.650

4.718.100

4.720.000

4.723.000

4Isolux-IVPontevedraMoraña, Campo Lameiro, Pontevedra,

Barro.

1

2

3

4

0.532.000

0.536.000

0.536.000

0.532.000

4.711.500

4.711.500

4.705.000

4.705.000

5Isolux-VOurenseViana do Bolo, A Veiga1

2

3

4

0.657.000

0.666.000

0.664.000

0.655.000

4.680.000

4.675.000

4.671.000

4.677.000

6Isolux-VIOurenseViana do Bolo, A Veiga.1

2

3

4

5

0.665.000

0.669.000

0.669.000

0.664.000

0.664.000

4.673.000

4.673.000

4.670.000

4.670.000

4.671.000

Durante o prazo de información pública presentouse a seguinte solicitude en competencia formulada por:

1) Ankaria Consulting, S.L.

2) Totalfina Eólica, S.A.

3) Cortizo Eólicas, S.L.

Así como as seguintes alegacións:

1) Sinae Energía y Medio Ambiente, S.A., que alega solapamento de áreas.

2) Eurovento, S.L., que alega incoherencia na planificación enerxética, ausencia de requisitos mínimos na publicación segundo o art. 5 do Decreto 205/2001 mencionado, así como solapamento con áreas solicitadas.

3) EGA-Asociación Eólica de Galicia, que alega ausencia de requisitos mínimos na publicación segundo art. 60.2º e art. 58.2º de la LRJ-PAC, incoherencia na planificación enerxética e solapamento con áreas solicitadas.

4) Endesa Cogeneración y Renovables, S.A., que alega ausencia de requisitos mínimos na publicación segundo o art. 86.2º de la LRJ-PAC e art. 5º del Decreto 205/1995 polo cal se regula o aproveitamento eólico na Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceiro.-Os servicios técnicos da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas emitiron informe avaliando a viabilidade do plan nas diferentes áreas de estudio solicitadas, co fin de resolve-los diferentes plans estratéxicos en competencia, seguindo os seguintes criterios de avaliación:

-Viabilidade do plan tecnolóxico industrial e previsións de desenvolvemento.

-Investimentos previstos e tempo de execución.

-Capacidade técnica e financeira do promotor.

-Achegas e efectos industriais, socioeconómicos, tecnolóxicos e ambientais do plan.

-Desenvolvementos vinculados a terreos e concellos afectados.

Fundamentos de dereito

Primeiro.-A Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 15/2002, do 24 de xaneiro, polo cal se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, así como o disposto na disposición transitoria segunda do Decreto 302/2001, do 25 de outubro, polo cal se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-Ante o gran número de solicitudes presentadas, e en tramitación paralela, de aprobación do Plan Eólico Estratéxico, os criterios seguidos de forma xeral para a adxudicación ou non das áreas asignadas foron os expostos no fundamento do feito terceiro, téndose en conta a limitación existente desde o punto de vista de infraestructuras en canto á Rede de Transporte de Enerxía Eléctrica, o que supón que soamente se poidan satisfacer aquelas solicitudes que cumpran de forma máis completa os criterios de adxudicación propostos.

Terceiro.-Con respecto ás alegacións referidas ós posibles solapamentos das áreas publicadas con outras pertencentes a plans eólicos xa aprobados, débese sinalar que en ningún modo algún se vulnerarán na aprobación de calquera novo plan os dereitos adquiridos polos titulares dun plan anterior no tempo, polo que en todo caso a área solicitada ou non se lle concedería ou se adecuaría nas súas coordenadas para que ese solapamento desaparecese.

Cuarto.-No referido ó solapamento con zonas susceptibles de seren explotadas por medio de explotacións mineiras débese sinalar que a dita probabilidade non ten porque necesariamente facer incompatibles os dous tipos de proxectos, circunstancia que, en todo caso, se resolvería no momento en que existise esa colisión, xa que non pode ser decidido de forma apriorística.

Quinto.-No referido ás alegacións realizadas discutindo a ausencia de requisitos mínimos na publicación do plan, débese indicar que a publicación reúne os requisitos esixidos no art. 5, do Decreto 205/1995, de aplicación a este procedemento, resultando por outro lado chocante que as ditas alegacións veñan expostas pola Asociación Eólica de Galicia e polas empresas con plan eólico en vigor, cando para a aprobación dos plans das empresas adscritas a esa asociación e dos das empresas alegantes se seguiu o mesmo procedemento e cos mesmos condicionantes que agora intentan refutar.

Sexto.-Non existe por outro lado ningunha incoherencia coa planificación enerxética. A Xunta de Galicia ten como horizonte acada-los 4.000 MW eólicos no ano 2010; para chegar a esta meta consideráse que o instrumento principal, como vén sendo ata agora, son os plans eólicos empresariais (denominados estratéxicos na anterior nomenclatura do Decreto 205/1995), e é a través destes e dunha planificación periódica anual, respectando sempre os compromisos adquiridos, como se intenta chegar ós fitos antes expostos.

Sétimo.-Á vista dos plans presentados en competencia, o informe técnico realizado e do resto de documentación que figura no expediente, queda de manifesto que se deben excluír certas áreas solicitadas, debido á adxudicación de determinadas zonas a outros promotores seguindo criterios de planificación enerxética e desenvolvemento das infraestructuras enerxéticas ou debido á súa inviabilidade. Por outro lado a determinación espacial das áreas aprobadas debe ter en conta o disposto na modificación do Plan Sectorial Eólico de Galicia, en tramitación nestes momentos, polo que se deben adapta-las coordenadas das distintas áreas ó reflectido nel, tamén se toma en consideración para a autorización do plan a incidencia que ten o plan industrial da devandita empresa que se detalla no anexo II, na estructura socioeconómica da Comunidad Autonómica de Galicia, sendo esta circunstancia un dos motivos prioritarios para a autorización recollidos no artigo 7 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

Do exposto extráese como consecuencia, que o plan solicitado non pode ser concedido na extensión requirida pola peticionaria, e en consecuencia, que se debe conceder á empresa Isolux Wat, S.A. autorización para realiza-las investigacións nas áreas relacionadas no anexo I.

Desta forma, o Plan Eólico Estratéxico constará de 2 áreas, sendo a súa potencia autorizada de 50 MW.

Oitavo.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta consellería, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas

RESOLVE:

-Aproba-lo plan eólico estratéxico PEE Isolux Wat referido ás áreas recollidas no anexo I da presente resolución, coa previsión de potencia de 50 MW.

A presente resolución implica o outorgamento do dereito de investigación nas áreas de referencia, así como o dereito preferente, nas devanditas áreas, a autorización das instalacións de aproveitamento de enerxía eólica, conforme o sinalado no artigo 8 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo. Non obstante, o desenvolvemento dos parques eólicos derivados destas áreas compatibilizarase coa posible inclusión de parques eólicos singulares nelas.

A aprobación do plan eólico estratéxico vincula á Administración e Isolux Wat, S.A. sen prexuízo das futuras resolucións que se adopten para o suposto de non exerce-lo dereito preferencial previsto no artigo 8 do devandito Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A aprobación do plan eólico estratéxico outórgase de acordo coas seguintes condicións:

Primeira.-Isolux Wat, S.A. iniciará a execución do plan industrial no prazo de seis meses a partir da aprobación deste plan estratéxico, debendo executa-lo dito plan nas condicións sinaladas no anexo II da presente resolución, salvo imposibilidades técnicas ou causa de forza maior debidamente xustificada.

En calquer momento a Administración poderá solicita-la documentación que estime pertinente para verifica-lo cumprimento do establecido neste punto.

Segunda.-A modificación do plan eólico estratéxico ou o incumprimento das condicións impostas nesta resolución e na autorización para a montaxe das instalacións será causa de resolución desta aprobación.

Sen embargo, se por alteración substancial das circunstancias ou por causas sobrevidas, non fose axeitado o mantemento dalgunha ou dalgunhas das instalacións previstas no plan eólico estratéxico que se aproba, a empresa poderá solicitar da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia:

1. Autorización para a modificación ou substitución das actuacións, sen altera- las restantes condicións do plan eólico estratéxico.

2. A aprobación dun novo plan eólico estratéxico para novas instalacións, se a importancia dos investimentos así o xustifican, tendo en conta sempre os dereitos que terceiros interesados poidan ter.

Terceira.-Isolux Wat, S.A. deberá presentar un informe trimestral á Consellería de Industria que conterá os seguintes puntos:

-Datos eólicos obtidos nas áreas de investigación.

-Investimentos realizados e previstos.

-Operacións realizadas con empresas galegas.

-Emprego creado.

-Participación de entidades galegas.

-Isolux Wat, S.A. así mesmo deberá remiti-los datos que se esixan na Orde do 29 de xullo de 2002 pola que se crea e regula o procedemento para a captación e procesamento dos datos de producción de Galicia (SICAPDE), das instalacións acollidas ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica nos parámetros e forma en que veña determinado.

Cuarta.-A empresa Isolux Wat, S.A., participará na execución do plan industrial que teñan aprobados os tecnólogos seleccionados. En todo caso, a porcentaxe de compoñentes fabricados en Galicia será o comprometido polos tecnólogos. A selección dos

tecnólogos deberá contar coa autorización da Dirección Xeral de Industria.

Quinta.-A empresa Isolux Wat, S.A. poderá transferir en calquera momento os dereitos dimanantes desta aprobación logo de autorización da Dirección Xeral de Industria, subrogándose o novo titular en tódalas obrigas e dereitos do transmitente derivados do plan eólico aprobado.

Sexta.-O presente plan eólico apróbase sen prexuízo de terceiros, deixando a salvo os dereitos particulares e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións de aproveitamento eólico.

Contra a presente resolución, que é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes desde o día seguinte ó da súa notificación, de acordo co establecido no artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde a mesma data, ó abeiro do disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contenciosa administrativa, sen perxuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen procedente.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2002.

P.D. (Orde 20-12-2001; DOG nº 250,

do 28 de decembro)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Industria

e Comercio

Nº áreaNomeProvinciaConcellosXY

1Isolux-I (Cova da Serpe)A Coruña

Lugo

Sobrado, Curtis.

Friol, Guitiriz.

1

2

3

4

5

6

7

8

9

10

11

12

13

590.416,67

590.825,00

588.000,00

587.000,00

587.000,00

585.000,00

585.000,00

587.500,00

585.000,00

586.750,00

589.250,00

590.073,53

590.000,00

4.771.666,67

4.774.000,00

4.774.000,00

4.777.000,00

4.780.000,00

4.780.000,00

4.777.000,00

4.770.000,00

4.770.000,00

4.765.000,00

4.765.000,00

4.769.705,00

4.770.000,00

2Isolux-IV (Monte Acibal)PontevedraMoraña, Campo Lameiro, Pontevedra,

Barro.

1

2

3

4

5

536.000,00

533.875,00

532.000,00

532.000,00

536.000,00

4.711.500,00

4.711.500,00

4.710.000,00

4.706.000,00

4.706.000,00

Potencia eólica estimada das áreas que se van estudiar: 50 MW.

ANEXO II

Documento de sínteses

-Plan eólico estratéxico.

O plan eólico estratéxico terá unha duración ata o ano 2010 e suporá un investimento global estimado de 40.568.317 euros.

-Plan de investigación eólica.

A empresa Isolux Wat, S.A. realizará a investigación de dúas áreas facendo un investimento total de 24.040 euros, acadando un investimento medio de 12.020 euros/área.

Co obxecto de coordina-los resultados da investigación co resto de plans eólicos estratéxicos aprobados, a empresa Isolux Wat, S.A. usará como entidade colaboradora para a investigación o Instituto Enerxético de Galicia (Inega).

-Plan industrial.

A empresa Isolux Wat, S.A. fixará a súa sede provincial en Galicia, para o desenvolvemento de novas actividades no sector das enerxías renovables e en particular para a investigación, desenvolvemento e implantación da enerxía solar fotovoltaica, ou subsidiariamente:

A empresa Isolux Wat, S.A. colaborará na implantación e desenvolvemento do Plan de Fomento da Enerxía Solar que executará a Consellería de Industria e Comercio a través do Inega.

As súas achegas realizaranse da seguinte forma:

-3.000 euros por MW serán achegadas ó plan antes da finalización do 2003.

-Anualmente achegarase unha cantidade equivalente ó 0,5% da facturación dos parques eólicos que se poñan en funcionamiento no desenvolvemento do plan.

Estas actuacións poderán ser substituídas por outras equivalentes relacionadas coa fabricación de paneis solares que serán realizadas polo promotor en instalacións radicadas na Comunidade Autónoma galega.