Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 23 de decembro de 2002 Páx. 17.560

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/36-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T. circunvalación Baiona e c. seccionamento Sopegal.

Situación: concellos de Baiona e Gondomar.

Descricións técnicas: L.M.T., sub., a 20 kV, con conductor tipo R.H.V., cos seguintes tramos: 1. De 3.033 m de lonxitude, desde a subestación Gondomar ata o apoio nº 1 do primeiro tramo da liña aérea en proxecto; 2. De 600 m de lonxitude, desde o apoio nº 12 do primeiro tramo da liña aérea en proxecto ata o apoio nº 13 da liña aérea; 3. De 32 m de lonxitude, desde o c. seccionamento Sopegal ata o entroncamento coa liña que alimenta os CC.TT. Sopegal, Belesar e Urgal. L.M.T., aérea, a 20 kV, con conductor tipo LA-110, cos seguintes tramos: 1. De 1.242 m de lonxitude, desde o apoio nº 1 desta liña ata o nº 12; 2. De 344 m de lonxitude, desde o apoio nº 13 desta liña ata o apoio nº 17. Centro de seccionamento con tres liñas de manobra exterior.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características

se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, será de doce meses, a partir da recepción desta resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Pontevedra, 13 de novembro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra