Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 23 de decembro de 2002 Páx. 17.551

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 3 de decembro de 2002 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, por Orde do 24 de setembro de 2002 (Diario Oficial de Galicia nº 195, do 9 de outubro), esta consellería, no uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e os artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna,

RESOLVE:

Primeiro.-Adxudicarlles destino, nos postos de traballo que se indican, ós/ás funcionarios/as que se expresan no anexo desta orde.

Segundo.-O cesamento no actual destino dos/as funcionarios/as que obtiveron praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data na que deben cesar no seu destino, os/as funcionarios/as desfrutan dun período de licencia, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ó da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade na que actualmente prestan os seus servicios os/as funcionarios/as, ou no prazo dun mes de tratarse de distinta localidade, conforme o establecido nos artigos 14 e 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo (DOG nº 58, do 25 de marzo).

Terceiro.-A xefatura de persoal do centro no que causen baixa os/as funcionarios/as, así como a daquel no que obteñan praza, efectuarán, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as dilixencias de cesamento e toma de posesión, respectivamente; acto seguido realizaranse os trámites necesarios para a súa alta en nómina.

Cuarto.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderá impugnala directamente perante, á elección do/a demandante, o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses

contados desde a mesma data, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2002.

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos

ANEXO

Apelidos e nome: Meijueiro Tilve José Luis.

NRP: 3524492524 A2096.

Grupo: B.

Corpo/escala: facultativo de grao medio/ técnico vixilancia pesqueira.

Código do posto: PE.C99.30.000.36001.001.

Denominación do posto: delegado comarcal.

Centro directivo: Delegación Comarcal de Pontevedra.

Localidade: Pontevedra.

Nivel: C.

Destino: 25.

Apelidos e nome: Rodríguez Novoa María José.

NRP: 3555768046 A2051.

Grupo: B.

Corpo/escala: xestión de administración da xunta.

Código do posto: PE.C99.10.000.36560.046.

Denominación do posto: xefe do Servicio de Recursos Mariños.

Centro directivo: Delegación Territorial de Pontevedra.

Localidade: Vigo.

Nivel: C.

Destino: 28.