Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 23 de decembro de 2002 Páx. 17.551

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 10 de decembro de 2002 pola que se resolve definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nos servicios periféricos da Consellería de Sanidade.

Convocada pola Orde do 17 de outubro de 2002 (DOG nº 211, do 31 de outubro), a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nos servicios periféricos da Consellería de Sanidade, esta consellería, de conformidade co previsto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e en uso das facultades que lle confire o artigo 15.4º da devandita lei,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolver definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nos servicios periféricos da Consellería de Sanidade, anunciada pola Orde do 17 de outubro de 2002 (DOG nº 211, do 31 de outubro).

Segundo.-Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ó funcionario que se relaciona no anexo a esta orde.

Terceiro.-O persoal mencionado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación. De non estima-la interposición deste recurso, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2002.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Apelidos e nome: da Riba Casaux, Mª Isabel.

NRP: 3610129568 A2060.

Grupo: A.

Nivel CD: 24.

Corpo ou clase: xeral.

Posto de traballo: Sección de Xestión de Persoal e Habilitación.

Dependencia: Delegación Provincial da Consellería de Sanidade.

Localidade: Pontevedra.